Pan de Neda

O pan de Neda é un tipo de pan fabricado en Neda (provincia da Coruña) sen denominación de orixe aínda que recoñecido pola Xunta de Galicia pola súa calidade e importancia social e económica.

O pan de Neda é coñecido dende a Idade Media aínda que foi variando de composición co tempo.

A historia do pan de Neda está vencellada á da construción dunha base naval e de estaleiros na ría de Ferrol por parte do rei Filipe II de España, para facer fronte aos ataques costeiros, como o do pirata inglés Francis Drake, que en 1589 atacou a cidade da Coruña.

Para abastecer á armada, xurdiron en Neda as Reais fábricas de biscoito, aproveitando a fariña moída coas augas do río Belelle, que xa contaba con muíños desde a Idade Media. Estes biscoitos ou bolachas eran unha especie de pan que se mantiña comestible durante meses, necesario para as longas travesías ata América. Chegábanse a producir cinco mil quintais de pan ao mes.

Durante os séculos XVII, XVIII e principios do XIX, Neda e Xuvia estaban consideradas o hórreo de Galiza. Entón a ría de Xuvia era navegable. No século XVIII produciuse en Ferrol a que está considerada a primeira folga de España cando aos traballadores tentaron trocarlles o pan de Neda por pan feito no propio estaleiro.

As augas do Belelle xa tiñan sona como as mellores do país para a fiaduría, moenda de pan e saúde…

Ata os anos 50 continuaron a funcionar os muíños no río Belelle. Dende entón o pan de Neda foi perdendo pouco a pouco a súa importancia aínda que mantivo a súa sona local.

En 1989, a Asociación de Veciños de Ancos organizou unha festa para dar a coñecer e promover os produtos. Tanto o pan como as bolas, empanadas ou doces.

 

Forno e Despachos

Contactar

Forno

Contacto

Calle, 54, 15510 Mourela Baixa,

A Coruña

Tel. 981 347 502

Horario de Forno:

Monday-Friday: 6am - 5pm
Weekends: 7am - 4pm

Despachos

Catabois

Est. de Catabois, 243,

15405 Ferrol, A Coruña

Tel. 881 164 308

Máis información

Narón

Rúa Velázquez, 27, 15572 Narón, A Coruña

Tel. 881 933 705

Máis información

Ultramar

Rúa Vila Soledad, 26,

15404 Ferrol, A Coruña

Tel. 981 321 407

Máis información

Fene

Av. Marqués de Figueroa, 64, 15500 Perlío, A Coruña

Tel. 981 344 441

Máis información

Despacho Catabois

Est. de Catabois, 243,

15405 Ferrol, A Coruña

Tel. 881 164 308

Máis información

Despacho Ultramar:

Rúa Vila Soledad, 26, 15404 Ferrol, A Coruña

Tel. 881 164 308

Máis información

Despacho Narón:

Rúa Velázquez, 27,

15572 Narón, A Coruña

Tel. 881 933 705

Máis información

Despacho Fene:

Av. Marqués de Figueroa, 64, 15500 Perlío, A Coruña

Tel. 981 344 441

Máis información

Forno Neda:

Calle, 54, 15510 Mourela Baixa,

A Coruña

Tel. 981 347 502